Aitor Freán presentou o traballo “Os Ibios de Sober” conmemorando o Día do Patrimonio 2017

traballo os ibios

coloquio ibios alcalde

óscar colado

aitor os ibios

coloquio xente pinol

Con motivo do Día do Patrimonio Mundial (16 de novembro), O Colado do Vento e o Grupo O Trícole sumámonos ás entidades da Rede do Patrimonio Cultural – na que estamos integrados – que celebramos esta efeméride.

Así, o 17 de novembro, en Sober, Aitor Freán Campo, de AGANTRO, presentou o seu traballo <Os Ibios de Sober. Confluencias simbólicas nun antigo asentamento da Ribeira Sacra>, unha análise da figura concreta dos “Ibios” dende unha perspectiva histórica e simbólica, enmarcada dentro do imaxinario dos “mouros”.

Aitor Freán non pretendeu dar unha interpretación da orixe da lenda, pois esa é patrimonio das xentes de Pinol que a conservaron até hoxe, senón que analizou os seus elementos, destacando a importancia das barcas fluviais de paso ou os elementos materiais que dan orixe á lenda, sen que importe de qué época son estes; o que importa é que hai un “elemento incomprensible e alleo ao que o campesiñado trata de dar resposta”.

Nun animado coloquio, no que participou veciñanza da parroquia de Pinol, Aitor Freán reivindicou o estudo do patrimonio inmaterial e anotamos novas reviravoltas lendarias da historia do Souto de Chanteiro, como sinalou o Toño: seica serían “as casas de citas” dos romanos e foi abandonada por “unha praga de formigas”.