Asemblea Xeral anual 2016: 27 de febreiro ás 20 h na Biblioteca de Sober

 
Convocatoria de xuntanza da ASEMBLEA XERAL para o sábado, 27 de febreiro de 2016 , ás 20 h na Biblioteca Pública Municipal de Sober.

Orde do Día:

– Balance do traballo do ano 2015.
– Dación de contas anuais.
– Páxina web.
– Subvencións e axudas dispoñibles para 2016.
– Proposta de reorganización e/ou continuidade da Xunta Directiva, se procede.
– Ideas de actividades para 2016 e proposta de calendario.

NOTA 1: por favor, as persoas que poidades, traede o importe da cota de 2016 (20 €) en efectivo, e xa queda actualizada.


NOTA 2: quen desexe anotarse para a cea posterior, debe facelo antes do 22 de febreiro, enviando un correo a coladodovento@gmail.com ou mensaxe ou chamada ao teléfono 674473695

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *