Cea-asamblea xeral do Colado do Vento: o 21 de xaneiro

Coma todos os anos, o 21 de xaneiro temos a nosa cea anual e asamblea xeral extraordinaria para ir facendo un esbozo das actividades de 2012.

Para anotarse a cear, mandade un correo electrónico a javivivirido@terra.es ou chamade ao teléfono  659323833 antes do mércores 18 de xaneiro. Para calquera consulta: coladodovento@gmail.com

A Xunta Directiva propón as seguintes actividades, que son só unha proposta, nin se ten falado coas persoas en cuestión nin se ten avanzado nada aínda: visita ao castro de Formigueiros – ruta polo Sil que enlaza Augas Mestas e Doade (en dúas etapas) – conferencia de Carlos Taibo – visita guiada aos petróglifos de Campolameiro – conferencia sobre Historia de América – visitas a Carballedo e Margaride (Quiroga) – participación na ruta poética de Fiz Vergara Vilariño en Lóuzara – conferencia de Xurxo Ayán “Trauma, memoria e reconversión”.


Ademais, xa está en marcha o libro Tradición Oral III, que estará listo antes de finais de marzo, cun prezo de 3 € para persoas asociadas e 6 € para o resto. Por outra parte, na barra lateral dereita desta páxina tedes información sobre cómo adquirir os libros Cuaderno del Románico de la Ribeira Sacra e Banda de Música de Sober: un século e medio de historia.

Participade e facede as vosas propostas para este 2012. Que sexa bo ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *