XIº Encontro á Luz da Lúa

Este ano 2017, o Colado do Vento celebraremos o XIº Encontro á Luz da Lúa.

Desta volta, a cita terá lugar en tres localizacións do entorno do lugar de Paradela, parroquia de Santiorxo.

A hora de quedade é as 22h.

A data, o venres, 4 de agosto.

O plan, desfrutar de música, poesía e boa compaña en tres localizacións alumeadas polo luar.

Contaremos coa amenización musical das Tanxugueiras e co poeta Paco Ledo de Chantada, ademais do que cada quen estimedes compartir.

Xº Encontro á Luz da Lúa en Cadeiras

O vindeiro sábado, 23 de xullo, pola noite, a Asociación Cultural O Colado do
Vento celebraremos o Xº Encontro á Luz da Lúa.

Será no entorno de Cadeiras, parroquia de Pinol, no campo da festa, a carón do
santuario.

Coma sempre, será unha velada na que teremos actuacións musicais e na que
convidamos ás persoas asistentes a participar (recitando, contando, cantando…
cada persoa o que desexe expresar).

Ademais do que cada quen aporte á velada, teremos as seguintes actuacións:

– GRUPO DE GAITAS “O CASTRO”

– SARA MÉNDEZ, SAXOFÓN


– CONTACONTOS MUSICADOS, TERESA GRAU


– ANTÓN VALCÁRCEL


– YOAN GRUDIKOV

Teremos uns pinchos previos (dende as 21 horas) para dar comezo á velada en
torno ás 22:15 horas.

Animamos a vir e a participar activamente, ou, simplemente, a escoitar e
desfrutar da noite.

IX encontro á luz da lúa: en Cadeiras o 1 de agosto de 2015

Un ano máis – e xa van nove – O Colado do Vento organiza o “encontro á luz da lúa”, singular xornada nocturna na que compartimos contos, cantos, saberes, poemas ou o que cada quen desexe.
Este ano contamos coa presenza dos grupos de Sober The Carallos e O Trícole, e cunha violonchelista, Paula. Ademais, as persoas participantes poden aportar poemas, cancións, contos, reflexións… 
O encontro celebrarase en Cadeiras a partir das 22:30 h, iniciando a noite cuns pinchiños de rosca con queixo e viño e licores de Sober. Quedamos nas mesas de pedra que hai xunto ao bar.
Logo, no entorno do miradoiro e santuario desenvolveranse as actuacións e intervencións das persoas participantes a partir das 11:15 aproximadamente.
Achegádevos a vivir unha noite de verán ao plenilunio!

VIIº Encontro á luz da lúa – 2013

 
Atoparémonos no Centro de Interpretación (hoxe bar) dos Chancís, sobre as nove da noite, o sábado, 20 de xullo, para tomar algo e ir comezando a noite. [Cada persoa fará unha pequena aportación polos pinchos. Non é preciso anotarse.]
Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno dos Chancís, con especial interese na Cova da Vella.
 
Entre as actuacións previstas, un grupo de música tradicional, Os Parentes, O Trícole… pero, sobre todo, como sempre, a colaboración de todas e todos vós, da xente que cada ano vides e ledes poemas, nos trasmitides reflexións, cantades, tocades un instrumento…
* A organización encargarase da iluminación e fotografías, recoméndase non sacar fotos para non interferir no desenvolvemento das actuacións e intervencións. Podedes traer pequenas linternas.
 
 

VIº Encontro á luz da lúa (ano 2012).

Atoparémonos en Cadeiras, sobre as nove da noite, o venres, 3 de agosto, para tomar algo e ir comezando a noite.
Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno de Cadeiras (miradoiro, Pena da Virxe…).
Estarán connosco Xosé do Incio, coa zanfona, Olga Novo, poeta de Vilarmao, Xosé Lois García, escritor, historiador, poeta, Carmeliña, rapsoda, Teresa Grau, contacontos, Rosa García, poeta, os músicos Pucho e Lelo, o grupo O Trícole, os guitarristas Sergio e Joel e Fernando Estévez coa gaita.

Ademais, coma sempre, calquera participante pode ler, recitar, cantar, contar… compartir o que desexe nesta noite de amizade, música e poesía.

* A organización encargarase da iluminación e fotografías, recoméndase non sacar fotos para non interferir no desenvolvemento das actuacións e intervencións.

FOTOS DO ROTEIRO Á LUZ DA LÚA – 2011

Este ano saiu a lúa e fíxose a maxia no monte de Cadeiras.
Dende o miradoiro sobre o Sil ata o entorno do santuario, pasando pola Pena da Virxe, a música soou en Cadeiras da man de Mini e Mero, que nos brindaron un feixe de cancións míticas, do fagot de Gonzalo Lemos, a guitarra bluseira de Joel Salgado Buján e as intervencións do grupo O Trícole, de Óscar “Veliños”, de Suso Verao ou de Sergio, descendente de músicos.
Os contos púxoos a magnífica contacontos Teresa Grau e a poesía as distintas persoas asistentes, entre elas, a rapsoda Carmeliña.
Déronnos as tres da mañá e aínda andabamos por aí, compartindo a noite e unhas bicas e roscóns que trouxo a Irene.
Grazas por acompañarnos! Deixámosvos as fotos de José María Lago.

Vº ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA

Vº ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA
* Venres, 15 de xullo de 2011.
* Encontro ás once da noite en Cadeiras.
* Este ano moverémonos polo entorno de Cadeiras, co cal non hai moito para andar. Coma sempre, haberá música e poesía, e podedes ler, dicir, contar ou expresar de distintos xeitos o que desexedes.
* Teremos a música de fagot (Gonzalo Lemos Vázquez) e guitarra (Joel Salgado Buján) e a actuación de Xosé Luis Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarro, Mini e Mero. Acompañarannos, tamén, a rapsoda Carmeliña e a contacontos Teresa Grau.

* Por favor, este ano pedimos que non se saquen fotografías con flash e que non se traian luces, para non entorpecer as actuacións nin a maxia deste encontro, a organización xa se encargará da iluminación e da fotografía.

IV ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA

Este ano, percorreremos á luz da lúa un tramo da ruta dos muíños do Xabrega coas pertinentes paradas para que a música e a poesía fagan acto de presenza nesta beira do Sil.
Coma sempre, podedes recitar, contar, ler, cantar o que vos pareza, sobre o tema que se vos ocorra e en calquera das linguas do mundo, mais propoñemos como leit motiv a Rosalía de Castro, neste ano no que se conmemoran os 125 anos da morte da “musa dos pobos”.
Reunirémonos ás dez da noite na praza do Toural, en Sober, o venres día 20 de agosto, para tomar uns pinchos e saír, logo, a partir das once cara a Xabrega, onde deixaremos uns coches no inicio da ruta e outros no final para non ter que subir andando pola estrada ao remate.

Para anotarse aos pinchos, hai que chamar ao 636129233 ou enviar unha mensaxe a paulaverao@hotmail.com ou a javivivirido@terra.es antes do 19 de agosto.
Lembramos que a vindeira semana Xuventudes Musicais de Sober organiza o ciclo MÚSICAS AO CLARO DE LÚA, do que podedes ver a programación aquí.