PROGRAMA DA VISITA

O PRODIXIOSO SALTO DO CABALO DE SANTIAGO

Reproduciremos o salto que o albo cabalo de Santiago deu dende a Pena do Baldeiros, con petroglifos, en Anllo, ata os Penedos do Castro, en Nogueira de Ramuín, segundo din as lendas ribeirás dun e doutro lado do Sil.

25 de maio de 2008
PROGRAMA DA RUTA

· Punto de encontro – Praza do Concello de Sober. 10:00 horas
Dende alí levaremos os coches ata Nogueira.

· Inicio da ruta – Nogueira (Anllo). 10:15 horas
Á beira da Pena do Baldeiros, con petroglifos.

· Camiño – Aproximadamente 7,5 km por un sendeiro de suaves pendentes (dificultade baixa; pequenos tramos de pendente máis pronunciada).
O Sil crúzase pola ponte da Barca.

· Chegada ó entorno de Santo Estevo. Antes das 14:00 horas.

· Xantar ó aire libre e tempo para visitar o mosteiro de Santo Estevo.
De 14:00 a 16:30 horas.

· Subida a pé ós Penedos do Castro, dende onde hai unha magnífica vista da ribeira. Veremos a Pena das Cerdeiriñas e unha inscripción co nome de Leovixildo. 16:30

· Chegada a Pombar, pobo onde nos agarda o autobús. 17:15

· Percorrido en autobús ata San Pedro de Rocas. De 17:15 a 17:45.

· Visita a San Pedro de Rocas.

· Regreso en autobús a Sober por Ourense. 19:00 horas

· Hora de chegada a Sober. 19:45 horas

* As horas son aproximadas.

+ info

PRAZAS LIMITADAS
– Para anotarse: chamar ó 659 32 38 33 (Xabier) ou enviar un correo electrónico a paulaverao@hotmail.com ata o venres, día 23, á noite.
PREZO
5 € – Para facer fronte ós gastos de autobús.
Cada persoa ha de levar a súa propia comida.
ORGANIZA
Asociación Cultural O Colado do Vento

NOVIDADES

Maio, 2008

Domingo, 25 de maio de 2008. Roteiro: O PRODIXIOSO SALTO DO CABALO DE SANTIAGO.
Sábado, 3 de maio de 2008. Actuación do Mago Rafa na Casa da Cultura de Sober. Programa Titirimaxia da Consellería de Cultura e Deporte. Os monicreques de Kukas tamén estarán en Sober. Ver programa FINde’Sober do Concello (aquí).

Luns, 5 de maio de 2008. Reunión para constituír o GDR da Comarca de Lemos e Quiroga no marco do Programa Leader de Galiza 2007-2013.
Sábado, 17 de maio de 2008. Día das Letras Galegas. Concerto do arpista José Antonio Domené. Primavera Musical, organizada polas Xuventudes Musicais de Sober.

Sábado, 24 de maio de 2008. Homenaxe a Tadeo Guitián no centenario do seu nacemento.

Abril, 2008
– Convocados Concellos e Asociacións a unha reunión para iniciar os contactos de cara a poñer en marcha o Grupo de Desenvolvemento Local que integra á Comarca de Lemos, Quiroga e O Courel, financiado polos fondos do programa Leader 2007-2013.
A Asociación Cultural O Colado do Vento participará na reunión, pois é un dos colectivos que se anotou como interesado en formar parte do programa Leader. Tamén están apuntadas as seguintes asociacións de Sober: Xuventudes Musicais de Sober, Asociación de Veciños Proencia e Asociación Micolóxica O Pingadouro.

Venres, 18 de abril de 2008.
– Continúa a Primavera Musical de Sober (programación aquí), organizada por Xuventudes Musicais de Sober.

– A Banda de Música de Sober prepara a primeira saída desta temporada. Actuará no Concello de Leiro, na comarca do Ribeiro, cun concerto na “sesión vermú” durante as festas na parroquia de San Clodio.

O INCHAÍN

O Inchaín é un regato que, segundo a lenda, incha cando os demais empezan a secar.

Coñécese en Neiras como regato do Inchaín (aínda que a toponimia oficial o denomina Regato da Ferreira). Nace en torno ás minas de Freixo e desemboca no río Fervedón, que vai morrer ó Cabe.
Trátase dun regato encaixado nunha fenda natural, que forma, salvando as distancias, un canón coma o do Sil. O feito de ir encaixonado impídelle depositar apenas nas marxes os materiais que arrastra. Como ten que salvar un desnivel de máis de 200 m é considerable a velocidade das augas e conta con algunha pequena fervenza, que na caída, por efecto do arrastre de materiais, excava o leito do río formando pilancóns [Cavidades circulares no fondo rochoso dunha corrente de auga, excavados polo efecto de pulido e trituración dos cantos que xiran en remuíño.], o que aquí chamamos olas, das que temos un importante exemplo na Devesa.
A vexetación da ribeira do Inchaín é predominantemente arbustiva de tipo mediterráneo (lavándula, uz, fento, xesta, etc.), mentras que en torno ó curso de auga se forma un bosque galería, con bídulos e outras especies. Na marxe esquerda, no curso baixo, hai unha pequena carballeira.