ENQUISA: ACTIVIDADES DO 2008

Dende O COLADO DO VENTO queremos avaliar o grao de interese que espertaron as nosas actividades na sociedade. Para iso, habilitamos neste recanto da Rede unha enquisa sobre as actividades e proxectos acometidos pola Asociación durante o ano 2008.
Podedes participar enviando as respostas á enquisa á dirección de correo paulaverao@hotmail.com.
Entre as respostas enviadas sortearase unha peza de olería de Gundivós.
ENQUISA

a. Elixe entre as seguintes a actividade ou proxecto de O COLADO DO VENTO que che parecese máis interesante:

1-Ruta de Sendeirismo: O PRODIXIOSO SALTO DO CABALO DE SANTIAGO (ver).
2-IIº ROTEIRO Á LUZ DA LÚA (ver).
3-UNHA VISITA Ó ROMÁNICO DE SOBER (ver).
4-Publicación de UN POUQUIÑO DE TRADICIÓN ORAL (ver).
5-A propia WEB de O COLADO DO VENTO.

b. Valora, asignando números do 1 ó 5, as actividades anteriores.

c. Dinos que publicación de O COLADO DO VENTO che parece máis interesante (ver publicacións).

d. Valora, asignando un número do 1 ó 5, as seguintes seccións da páxina web.

– LENDAS
– PETROGLIFOS
– PUBLICACIÓNS
– SENDEIRISMO
– ACTIVIDADES
– GALICIA TRIP
– GALERÍA

* Para realizar o sorteo asignarase, por orde de chegada, un número de tres cifras (000, 001, 002 …) a cada mensaxe enviada (só unha desde cada dirección de correo electrónico). Gañará a mensaxe co número cuias dúas últimas cifras correspondan cas dúas últimas cifras do sorteo da ONCE do sábado 30 de maio de 2009 (se participades máis de 20 persoas, pode haber máis dunha gañadora). Se ás dúas últimas cifras do sorteo non coincidiran con ningún dos números asignados, a gañadora será a persoa á que se lle asignase o número máis próximo.

ABRIL: MES DOS LIBROS

ENCONTRO LITERARIO CON LOIS DIÉGUEZ 22-abril-2009

XORNADA DE LECTURA COMPARTIDA 25-abril-2009

* Actividades do Club de Lectura “Pintor de Castinade” da Biblioteca Pública Municipal de Sober.