a casiña do capitán




Alfonso Campos Pérez

Un imaxina que A Casa do Capitán será unha desas de estilo indiano, coas armas do corpo na parede, xardinciño, valado e aspecto un pouco estrambótico. Unha casa de retiro que exhala un arrecendo melancólico; aínda máis se as vemos abandoadas e as imaxinamos poboadas polos pantasmas dos seus antigos donos. Pero non, A Casiña do Capitán é un humildísimo refuxio feito en pedra que semella ter sido feita por un pastor para regardarse do frío e da auga nas tranquilas horas do seu oficio. Mais outro foi o cometido da construcción.

Foi o dono JoaquínVázquez Fernández, nado o 19 de Xullo de 1867 en Vilaescura, fillo de Ramona e de Melchor. O 11 de decembro de 1886 ingresa na caixa de reclutas de Lugo, sendo destinado á guarnición do Rexemento de Cazadores de Galicia 29 de Caballería. No 1896 solicita pasar ó distrito de Cuba, embarcando na Coruña o 21 de Xaneiro de 1897, no vapor Alfonso XII e desembarcando na illa o 4 de febreiro, co emprego de teniente da Escala de Reserva retribuída, tendo que entrar en combate deseguido contra os insurgentes en Guanocano, Cienfuegos, Trinidad, Sierra Alta, etc, na tan nomeada e recordada guerra de independencia cubana.
Tras a guerra, embarcou Joaquín no ano de 1999 no porto de Cienfuegos a bordo do vapor Cataluña, pasando á reserva no Reximento da Caballería de Palencia nº 38 e vivindo en Vilaescura dende aquela despois de ser nomeado o 20 de setembro dese ano “Caballero de 1ª Clase de la Orden del Mérito Militar, en atención al comportamiento observado por D. Joaquín Vázquez Fernández segundo teniente de Caballería en el encuentro ocurrido en Loma de la Mina Trinidad el ocho de octubre de mil ochocientos noventa y siete”, cun retiro dende 1904 de 146 pts e 25 ctms. En 1921 foi ascendido a Capitán honorífico.
Pouco sabemos do persoeiro que non figure nos datos oficiais, entre outras cousas porque é unha desas vidas que a xente silencia e que a propia familia deixa nun recanto, cun aquel de vergoña. Debeu de ter unha vida con certo acomodo, con amplas relacións sociais, para ser do estamento militar debeu de acoller a República con satisfacción e participar na efervescencia política xa cunha respetable idade. Neses intres, a súa filla xa levaba moitos anos de mestra e é el o que a anima a participar nas disputas electorais, no PSOE, véndoa dotada de boas dotes oratorias e firmes conviccións democráticas. Pero chegou a guerra e con ela a pronta e fera represión en Galicia. A brillante docente é arranca da prisión e fusilada. Así o pon Joaquín coa súa letra no reverso dun retrato seu. “Maruja Vázquez Suarez, Maestra de Miño – Fusilada por los fascistas de Puentedeume el 21 de Agosto de 1936. ¡Cobardes!”
El pensou que a súa posición de militar retirado con boas relacións, sería suficiente para salvarlle a vida á filla, pero os falanxistas, que se cebaron especialmente nos mestres porque non hai cousa máis perniciosa para a irracionalidade que a educación, díronlle o derradeiro “paseo” naquel verán do 36, sen agardar ningún xuizo.
Frisando os 70 anos, Joaquín non o deu superado, durante o resto da vida votouse a culpa da morte da filla co peso dos remorsos sobre os ombreiros.
Por iso din que fixo aquel refuxio en Penabión a carón da lendaria pena dos mouros que acabou de pilar da vía do tren e que debeu de contemplar íntegra nos seus anos mozos, antes de que os enxeñeiros vascos fixeran as vías. E alí, na agora recordada como Casiña do Capitán, cerca do castro de Vilaescura, ó mellor despois de facer unha das súas segredas visitas a algún dos agochados da guerra, nos intres máis duros da súa existencia, ía buscar un pouco de sosego coma un eremita no seu tobo.

os debuxos en cal de Sober

Casa da Fonte, Paradela, Santiorxo.
Casa da Fonte, Paradela, Santiorxo.

Os encachotados, esgrafiados, encintados, foron técnicas moi utilizadas dende o século XIX ata mediados do século XX. Aínda nos albores do século XXI algún sentimental arranxou os da súa casa, sen ter, case, mao de obra cualificada que conservara os saberes da técnica. Máis o que soe ocurrir, como pasou recentemente nunha casa de Sansillao, é que se pique para encintar as paredes con cemento, que é a moda dos nosos tempos. Así que, entre as novas reformas, e como xa non é o demo o que anda nos tellados senón o abandono o que os anica definitivamente, o oficio foise perdendo e con el os debuxos das nosas paredes.

Momelle, Gundivós.

O esgrafiado é unha técnica basada na utilización de morteiros realizados con cal grasa apagada, que nalgúns sitios, como no medievo en Segovia ou no século XVIII en Cataluña, levou a superposición de capas de revoques de distintos cores, para conseguir, sobre un debuxo previo, unha decoración policromada e moi resistente. A súa orixe parece ser oriental, coñecéndose moitos exemplos no arte islámico, clara raíz do esgrafiado segoviano. O catalán que tuvo no Barroco unha ampla repercusión, parece ter unha orixe italiana a través dos amplos contactos mercantiles mediterráneos. Refléxase este, sobre todo, na Barcelona burguesa con temática mitolóxica ou con motivos relacionados co oficio do rico propietario que os encarga. 

 A Devesa, Neiras.
As decoracións con cal galegas son máis modestas, utilizando o branco sobre o fondo da parede ou sobre a base do morteiro, pero igualmente estéticos e resistentes. Así, podemos contemplar dende os máis simples encintados da pedra dos muros á repetición de diferentes motivos: figuras curvilíneas, faixas con trazado xeométrico, nubeiros, aves, peixes, serpes, animais fantásticos, recipientes, plantas, rosetas, cruces, e mesmo, nalgunha zonas, escenas diversas onde aparecen pitas e gaiteiros. Estamos a falar de figuras feitas para disimular, en xeral, os paramentos de menos calidade, formados, en moitas ocasións, por cachote miudo e para resaltar as pedras de maior tamaño e máis regulares con, según Fernández Oxea, figuras caprichosas resultantes das irregularidades das pedras. 

 Francos, Proendos.
Esta arte – permítaseme chamala así – referenciada no Seminario de Estudos Galegos por Fermín Bouza Brey, emparentada cos xeitos islámicos de decoración, cos grutescos renacentistas, os esgrafiados cataláns e, aínda máis, coa arquitectura popular cacereña e salmantina, debería ser contemplada con respecto. Nela, como en moitos saberes humáns, compéndianse moitas épocas: as curvas tan significativas nas nosas insculturas rupestres, as rosetas castrexas e romanas, a mourisca teima repetitiva, os motivos vexetais románicos, as molduras e faixas barrocas, a recreación imaxinativa do fantástico, e o cotián convertido en símbolo, coma os galos de Cacedo en Bolmente.
 Cacedo, Bolmente.
BIBLIOGRAFÍA
Os encachotados, esgrafiados, encintados, foron técnicas moi utilizadas dende o século XIX ata mediados do século XX. Aínda nos albores do século XXI algún sentimental arranxou os da súa casa, sen ter, case, mao de obra cualificada que conservara os saberes da técnica. Máis o que soe ocurrir, como pasou recentemente nunha casa de Sansillao, é que se pique para encintar as paredes con cemento, que é a moda dos nosos tempos. Así que, entre as novas reformas, e como xa non é o demo o que anda nos tellados senón o abandono o que os anica definitivamente, o oficio foise perdendo e con el os debuxos das nosas paredes.
A Devesa, Neiras.
O esgrafiado é unha técnica basada na utilización de morteiros realizados con cal grasa apagada, que nalgúns sitios, como no medievo en Segovia ou no século XVIII en Cataluña, levou a superposición de capas de revoques de distintos cores, para conseguir, sobre un debuxo previo, unha decoración policromada e moi resistente. O seu orixe parece ser oriental, coñecéndose moitos exemplos no arte islámico, clara raíz do esgrafiado segoviano. O catalán que tuvo no Barroco unha ampla repercusión, parece ter unha orixe italiana a través dos amplos contactos mercantiles mediterráneos. Refléxase este, sobre todo, na Barcelona burguesa con temática mitolóxica ou con motivos relacionados co oficio do rico propietario que os encarga.
Momelle, Gundivós.
As decoracións con cal galegas son máis modestas, utilizando o branco sobre o fondo da parede ou sobre a base do morteiro, pero igualmente estéticos e resistentes. Así, podemos contemplar dende os máis simples encintados da pedra dos muros á repetición de diferentes motivos: figuras curvilíneas, faixas con trazado xeométrico, nubeiros, aves, peixes, serpes, animais fantásticos, recipientes, plantas, rosetas, cruces, e mesmo, nalgunha zonas, escenas diversas onde aparecen pitas e gaiteiros. Estamos a falar de figuras feitas para disimular, en xeral, os paramentos de menos calidade, formados, en moitas ocasións, por cachote miudo e para resaltar as pedras de maior tamaño e máis regulares con, según Fernández Oxea, figuras caprichosas resultantes das irregularidades das pedras.
Francos, Proendos.
Esta arte – permítaseme chamala así – referenciada no Seminario de Estudos Galegos por Fermín Bouza Brey, emparentada cos xeitos islámicos de decoración, cos grutescos renacentistas, os esgrafiados cataláns e, aínda máis, coa arquitectura popular cacereña e salmantina, debería ser contemplada con respecto. Nela, como en moitos saberes humáns, compéndianse moitas épocas: as curvas tan significativas nas nosas insculturas rupestres, as rosetas castrexas e romanas, a mourisca teima repetitiva, os motivos vexetais románicos, as molduras e faixas barrocas, a recreación imaxinativa do fantástico, e o cotián convertido en símbolo, coma os galos de Cacedo en Bolmente.
Cacedo, Bolmente.
* VVAA; Guía Práctica de la Cal y el Estuco. Edit. De los oficios. León, 1998.
* Ignacio Garate Rojas; Artes de la Cal. Instituto español de arquitectura. MRRP.Universidad de Alcalá. Edit. Munilla-Lería- 2ª ed.2002.
* Xosé Vázquez Rodríguez; Histórias de Papeiros e Rabudos. Etnografía da Ribeira Sacra. Graficas Galegas, 2003.