VIº Encontro á luz da lúa (ano 2012).

Atoparémonos en Cadeiras, sobre as nove da noite, o venres, 3 de agosto, para tomar algo e ir comezando a noite.
Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno de Cadeiras (miradoiro, Pena da Virxe…).
Estarán connosco Xosé do Incio, coa zanfona, Olga Novo, poeta de Vilarmao, Xosé Lois García, escritor, historiador, poeta, Carmeliña, rapsoda, Teresa Grau, contacontos, Rosa García, poeta, os músicos Pucho e Lelo, o grupo O Trícole, os guitarristas Sergio e Joel e Fernando Estévez coa gaita.

Ademais, coma sempre, calquera participante pode ler, recitar, cantar, contar… compartir o que desexe nesta noite de amizade, música e poesía.

* A organización encargarase da iluminación e fotografías, recoméndase non sacar fotos para non interferir no desenvolvemento das actuacións e intervencións.

VI Roteiro á luz da lúa: venres, 3 de agosto.

Este ano, o VI encontro á luz da lúa con música, poesía, relato ou o que queirades, será o venres, 3 de agosto no entorno de Cadeiras.  Quedamos en Cadeiras ás 21:00 horas para tomar contacto e uns pinchiños.
As persoas do Colado do Vento encargadas de organizalo xa están preparando as sorpresas desta noite de lúa e amizade.
Vide con ánimo de participar: recitar poemas, aportar unha cantida, ler un conto…

Orixe da imaxinería nas parroquias do Arciprestádego de Amandi.

* Unha análise de José María Lago Bornstein basada en documentación eclesiástica inédita consultada polo autor.
Resumo

Nos Libros de Fábrica das parroquias que hoxe conforman o Concello de Sober quedou rexistrado cómo se fixeron reformas importantes dos templos e renovación do seu mobiliario, retábulos e imaxinería nos anos centrais do século XVIII.
Moitas destas imaxes e outros obxectos de valor desapareceron dende os anos 70. En palabras do autor: “Al estudiar estas tallas, clasificándolas por épocas y estilos y ordenándolas según la advocación que representan, tuve la curiosidad de investigar el origen de aquellas figuras. El origen material y también el espiritual, o sea, el origen de las devociones que habían motivado el que cada iglesia estuviera encomendada a la advocación de un santo concreto y que además hubiera una determinada selección de imágenes en su interior.”
A seguir, o artigo analiza casos concretos das nosas parroquias de Sober. 
As fotos son tamén do autor.
Ficha
– LAGO BORNSTEIN, JOSÉ MARÍA: “Origen de la imaginería en las parroquias del Arziprestazgo de Amandi”. O Colado do Vento, 2012.
Descarga (aquí) ou consulta on-line abaixo.

Imaginería en las parroquias de Sober