Excursión ás Médulas (26 de agosto).

* Domingo, 26 de agosto.

* Saída de Sober en bus ás 8:00 horas; de Monforte ás 8:15 horas nas Casiñas da Compañía.
* Prezo: socios/as – 5 € // non socios/as – 10 €
* Para xantar, cada persoa pode levar a comida. No entorno das Médulas hai restaurantes.

*** Necesaria inscrición: data límite, 23 de agosto.
*** Contacto: 659 323 833 (Javier) – coladodovento@gmail.com

Actividade cultural na igrexa de Pesqueiras (12 de agosto).

ACTOS NA IGREXA ROMÁNICA DE PESQUEIRAS
Xosé Lois García
A Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada, realiza unha convocatoria para a celebración de actos que se celebrarán o domingo día 12 ás seis da tarde, na igrexa de Santa María de Pesqueiras (Chantada). Un acto cultural e reivindicativo dun espazo medieval, onde a arquitectura románica e a paisaxe de soutos, devesas e viñedos, nos rentes do río Miño, determinan sosego e beleza, determinando conservación dun dos recantos mais encantadores da Ribeira Sacra.
No cartel de actividades que se ofrecen para o vindeiro domingo día 12, están dúas particularidades musicais como son O Trícole de Sober e os protagonistas d’A Quenlla, Mini e Mero. Recital poético a cargo do poeta portugués, António José Queirós, Manolo Regal Ledo e Olga Porral; representarase unha obra teatral, titulada: “Auto do demo e da viñateira”, a cargo de Clara Vázquez e Chico Carballido, misa concelebrada, intervención da artista Ana Sastre e lectura dun manifesto.
Un manifesto sobre a situación anormal do enclave, sobre os accesos e sinalizacións, e, sobre todo, da iluminación deste templo, que conta cuns murais pictóricos renacentistas, recentemente restaurados que precisan de luz para ser observados dignamente como merecen centos de visitantes que acoden a este lugar cada ano, sen accesos e sen sinalizacións.
O pasado ano celebrouse un acto bastante voluntarista por parte dos amigos da igrexa de Pesqueiras. Daquel acto xurdiu a Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada que é a que organiza esta convocatoria e conforma estes actos nos que colaboran a Deputación de Lugo, Vicepresidencia Primeira, e o Concello de Chantada. A estes actos estarán presentes representantes da Diocese de Lugo, da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e do Concello de Chantada.