Elaboración de remedios tradicionais

 
Este sábado, as persoas participantes na horta comunal do Colado do Vento elaboraron remedios tradicionais coas herbas colleitadas e recolectadas na horta e inmediacións.
Fixemos:
– tintura de milenrama
– aceite de hipérico
– crema de caléndula
– tintura de caléndula con follas de frambuesa
Se desexades formar parte da “familia” da horta comunal, podedes anotarvos en coladodovento@gmail.com
Iremos informando sobre as propiedades dos remedios.

VIIº Encontro á luz da lúa – 2013

 
Atoparémonos no Centro de Interpretación (hoxe bar) dos Chancís, sobre as nove da noite, o sábado, 20 de xullo, para tomar algo e ir comezando a noite. [Cada persoa fará unha pequena aportación polos pinchos. Non é preciso anotarse.]
Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno dos Chancís, con especial interese na Cova da Vella.
 
Entre as actuacións previstas, un grupo de música tradicional, Os Parentes, O Trícole… pero, sobre todo, como sempre, a colaboración de todas e todos vós, da xente que cada ano vides e ledes poemas, nos trasmitides reflexións, cantades, tocades un instrumento…
* A organización encargarase da iluminación e fotografías, recoméndase non sacar fotos para non interferir no desenvolvemento das actuacións e intervencións. Podedes traer pequenas linternas.