A horta volve de novo en 2014: inicio dos traballos e chamamento a novo alumnado.

A horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento volve esta primavera.
Este sábado, 22 de marzo, comeza a nova tempada da nosa horta.
Primeiro, acudirá a equipa que levou a horta o ano pasado, para acondicionala.
Ademais, dende o grupo que se encargou en 2013 do coidado da horta, fan un chamamento a novo alumnado. Toda a xente interesada en coñecer o xeito de cultivar hortas familiares tradicionais con bancal profundo e boas prácticas pode poñerse en contacto connosco en coladodovento@gmail.com para participar a partir do 1 de abril.

Ruta de sendeirismo: Diomondi – Pedro de Cela – Santo Estevo do Miño

O domingo, 16 de marzo, faremos unha ruta de sendeirismo que sigue o curso da [PR-G 162] e que ten como fitos principais a igrexa de Diomondi, os sartegos antropomorfos de San Pedro de Cela e a igrexa de Santo Estevo, así como fermosas vistas sobre a ribeira do Miño.
Quedada (en coches particulares): 
– Sober – 9:30 h (praza do Concello).
– Monforte – 9:30 h (praza da Compañía, saída do aparcadoiro do parque dos Condes).
Saída da ruta: 10:00 h – Diomondi (previamente, deixarase algún coche en Santo Estevo).
Chegada: aprox. 13:00 h – Santo Estevo do Miño.
Ao remate, é posíbel que poidamos visitar un taller de restauración en Pesqueiras.
Que traer? Roupa e calzado cómodos, auga e algún tentempé para o camiño.