7ª xornada da horta da tempada 2014: 31 de maio

O sábado, día de flor, volveremos á horta de Arxemil ás 18 horas para:
– facer unha comprobación xeral logo dos fríos destes días.
– limpeza de bancais e camiños, rega e outros traballos básicos.
– organizar as datas para plantar o que falte.

Viaxe a Guimaraes e Braga: 1 de xuño

O 1 de xuño pasaremos todo o día visitando Guimaraes, achegándonos á citânia de Briteiros e, a última hora, a Braga.
Saída:
* ás 8 h da Compañía (casiñas)
* ás 8:15 h en Canaval (campo da festa)

Prezo (inclúe entrada a museo e bus):
* (persoas socias): 10 €
* (non socias): 16 €

Reserva de praza ata 30 de maio en:


636129233
coladodovento@gmail.com

Localización do curso de cervexa (18 de maio de 2014)

IMPORTANTE (curso de cervexa): como mañá, domingo, hai unha proba deportiva en Sober, aparcaremos directamente na zona onde se desenvolverá o curso de cervexa, para non ter que entrar na praza do Concello.
Poremos carteis indicadores nas estradas de chegada a Sober (Canaval e Monforte).
Hai sitio onde aparcar.
Esta é a zona de San Martiño, onde está a casa onde faremos o taller de cervexa. Poremos indicacións.
Estaremos alí dende as 9:45 para comezar ás 10 h.

https://maps.google.es/maps/myplaces?hl=en&ll=42.4652,-7.58216&spn=0.002568,0.004517&ctz=-120&t=h&z=18

Horta: sábado, 17 de maio de 2014

Este sábado será día caloroso e de froito.
Algunhas das plántulas que foron plantadas este ano queimáronse polas baixas temperaturas.
Así, este sábado, faremos:
– reconto das plantas con danos e regado con “neen” para fortalecer as plantas que sobreviviron.
– prepararemos os envases “tetrabrick” para sementar cenouras, que plantaremos na horta o luns ou martes.
– limpeza de bancais.
– plantaremos feixóns.
– un novo piso do compost.

Curso de cervexa artesá: 18 de maio

Este domingo, 18 de maio, teremos un curso de iniciación á cervexa artesá.
Por xentileza de Diego Xesús López González, que comparte connosco o seu saber desinteresadamente.
A inscrición e participación no curso será gratis para persoas socias do Colado do Vento e custará 5 € para persoas non socias.
Para anotarvos, enviade correo a coladodovento@gmail.com antes do venres 16 de maio.
Punto de encontro: diante da Casa do Concello de Sober, ás 9:45 h.
Dende as 10:00 h comezaremos co curso de cervexa.
Durante o proceso de elaboración de cervexa, haberá unha hora na que non hai que facer nada, que aproveitaremos para visitar o castro da Cividade, en Bolmente, un dos mellores miradoiros sobre o Sil, onde vos contaremos algo deste noso país ribeirao.
Para xantar, recomendarémosvos restaurantes da zona ou lugares onde xantar ao aire libre, se preferides traer a comida.

Horta: sábado, 10 de maio de 2014

Como este sábado é día de raíz imos plantar cenouras en recipientes reutilizados de “tetra-brick”.
Temos que:
– rematar un bancal.
– colar o compost maduro e gardalo.
– plantación.
– comezar a limpar malas herbas.
– limpeza dos camiños.
– regar o plantado.
– facer unha capa máis de compost.

Visita a Xunqueira de Ambía, Allariz e Augas Santas: 11 de maio de 2014

Basílica da Asunción (Augas Santas).

O domingo, 11 de maio de 2014, imos coñecer a igrexa de Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía, a vila de Allariz e a parroquia de Augas Santas.


Saída: 9:30 de Monforte (explanada da Compañía).
Imos en autobús, polo que é preciso reservar praza antes do 9 de maio.
* Prezo do bus para persoas socias: 10 €
* Prezo do bus para non socias: 15 €
NOTA – O prezo poder ser inferior dependendo do número de xente anotada. 

Pola mañá: visitamos a colexiata de Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía e a vila de Allariz, onde trataremos de facer visita guiada polo patrimonio da vila.
Santa María de Xunqueira de Ambía (foto: Turgalicia).
 

Allariz (foto: Concello de Allariz).

Xantar: en Allariz (precísase que vos anotedes antes do 9 de maio; buscaremos un lugar barato para comer; se levades xantar, non é preciso anotarse para xantar).

Pola tarde: visita guiada pola parroquia de Augas Santas, con José Ramón Seara, da Asociación de Estudos de Santa Mariña de Augas Santas, como guía. Visitaremos a igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, a basílica da Asunción, coa súa cripta, o “Forno da Santa” (recoméndase levar lanternas) e o castro de Armeá (aprox 1.5 km de ruta a pé).
Santa Mariña de Augas Santas.
 

Castro de Armeá (foto: Manuel Gago).

 

Cripta da basílica da Asunción.

Inscricións en coladodovento@gmail.com, indicando se se reserva bus e xantar ou só bus.

Visitas a Allariz (11 de maio) e Guimarães (1 de xuño)

Datas con excursións ás que cómpre anotarse: ide reservando o día e enviade correo a coladodovento@gmail.com se queredes vir.

– 11 de maio: visita a Allariz. Iremos a Santa Mariña de Augas Santas, veremos a vila de Allariz e algunha cousa máis pola zona. Imos en bus, por iso cómpre anotarse antes do 8 de maio.

– 1 de xuño: visita a Guimarães, Portugal. Precisamos que vos anotedes antes do 25 de maio.

Horta: 3 de maio de 2014

O sábado día 3 é día de froito.
O primeiro que imos facer é organizar como van ser as rotacións na horta este ano.
 
Imos abonar e plantar dous bancais: un para tomates “corazón de boi” e outro para cabaciños e cabazas.
Vémonos ás 17 h en Arxemil.
Para información da horta: coladodovento@gmail.com e 636129233