O Colado do Vento organiza en xullo de 2018 tres actividades abertas á participación

O vindeiro venres, 13 de xullo, preséntase en Sober o libro Las islas lejanas, sobre a vida dun fidalgo de Quiroga, do socio do Colado do Vento Francisco Ruíz Aldereguía. O libro será presentado por outros dous socios, o editor, José María Lago, e Alfonso Campos, que conducirán un coloquio sobre a obra.


A presentación será ás 19 horas na Casa da Cultura de Sober.


O domingo 22 de xullo teremos un roteiro adicado ao escritor chantadino Xoxe Lois García. Consistirá nun roteiro circular, sinxelo, con saída ás 10 horas do Campo de Pinol, pasando pola igrexa de Pinol, por Cadeiras, Sampil, o Souto do Tellada, ou a igrexa de Lobios. A idea é afondar na poesía de Xosé Lois García que adicou a Sober.


Para o roteiro non é preciso anotarse, pero si se se desexa xantar, para o cal hai que anotarse antes do 19 de xullo.


Para rematar, o Colado do Vento organiza a undécima edición da Noite á Luz da Lúa, que este ano se celebrará na parroquia de Doade o sábado 28 de xullo. Contamos este ano, como convidados principais, co músico Luis Correa “O Caruncho” e co poeta de Chantada Rafael Lobelle, así cmo músicos de Cámara da Ensemble de Vigo.


As actividades comezarán ás 22:30 h no miradoiro da Pena do Castelo, continuando en Doade, na zona da Mamuela, rematando o acto no patio da adega Cichón. Non é preciso anotación previa.