Lidia Senra

María Lidia Senra Rodríguez naceu na Pobra de Brollón no 1958.
Afiliada ao Sindicato Labrego Galego dende 1976, foi Secretaria Xeral deste dende 1989 ao 2007.
Foi integrante da Executiva da Coordenadora Labrega Europea e participa activamente nos Foros Sociais e en Vía Campesina
Lidia Senra e o seu compañeiro sosteñen unha explotación agraria en Vedra con venda directa na que utilizan o método labrego tradicional de produción.
O 18 de decembro vindeiro preséntase un libro sobre a súa labor á fronte do sindicalismo agrario na Galiza.
Máis información:

lavando as tripas no río








Outeiro, Bolmente (Sober). Inicios dos anos 80.

Segundo Bordieu, a matanza é un dos traballos onde máis se marcan os roles estereotipados do masculino e feminino – “os homes matan e festexan; as mulleres, no entanto, traballan nunha xeira interminábel” – cita Teresa Moure*. 
Hoxe as tarefas da matanza en Galiza están máis equitativamente repartidas, mais á muller aínda lle seguen a ser asignados, de xeito maioritario, os traballos domésticos, ademais de axudar coa matanza. Nos catro días que dura este traballo a muller, xeralmente, soe facer:
– preparación do xantar e cea todos os días.
– aparado do sangue, remexendo continuamente cun pao para que non se tome.
– elaboración das filloas.
– lavado das tripas no regato (traballo xa case desaparecido no sur lucense onde maioritariamente se mercan as tripas xa preparadas).
– cortado dos trozos de carne para frebas.
– prepararación da zorza.
– atado dos chourizos.
– limpeza.
– elaboración dos roxós.
* MOURE, TERESA; O natural é político. Xerais, 2008.