Juanita de Paderne, guerrilleira carlista

Carmen Xoana García Carbajal, coñecida como Juanita de Paderne, foi unha guerrilleira carlista, amante do famoso guerrilleiro Fernando O Ebanista.
Era filla do avogado chantadino Ignacio García Moure – chegou a ser alcalde de Chantada – e de Juana de Carbajal, señores de Paderne de Abaixo, na parroquia de Muradelle, Chantada.
Dá noticia dela Francisco Tettamancy Gastón no Boletín nº 10 da Real Academia Galega, pp. 222 – 226 (ano 1907), que se pode consultar en liña aquí.
* O dato atopámolo no prólogo da Poesía Completa de Xosé Lois García, escrito por Camilo Gómez Torres (ano 2011).

Consuelo Alonso González (“a Comunista”)

Consulta a exposición “Vermellas” aquí.
Consuelo Alonso González, coñecida como “a Comunista”, era unha vendedora de xornais, natural de Asturias, que traballaba en Monforte de Lemos. Casada e con catro fillos, foi detida e rapada en 1936, sendo liberada.
Posteriormente, en 1938, foi detida e xulgada en Lugo, acusada de rebelión militar, sendo executada aos 40 anos o 13 de maio de 1938 nas tapias do cuartel de Lugo.
Consuelo é unha das dúas mulleres condenadas a morte en consello de guerra en Galicia na etapa franquista. 
María Xesús Souto Blanco* sinalou, respecto a este caso, que a súa execución hai que enmarcala no contexto do curso que estaba a levar a Guerra Civil, coas recentes dificultades do exércido sublevado na batalla de Teruel, pois Consuelo facía propaganda denunciando as falsidades da información oficial do réxime.
* Conferencia de María Jesús Souto Blanco no I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. A información sobre este aspecto da condena pode ampliarse no artigo da mesma autora “Realidad objetiva, propaganda y pararrealidad oficial”, en Congreso Internacional de la Guerra Civil Española.

Lidia Senra

María Lidia Senra Rodríguez naceu na Pobra de Brollón no 1958.
Afiliada ao Sindicato Labrego Galego dende 1976, foi Secretaria Xeral deste dende 1989 ao 2007.
Foi integrante da Executiva da Coordenadora Labrega Europea e participa activamente nos Foros Sociais e en Vía Campesina
Lidia Senra e o seu compañeiro sosteñen unha explotación agraria en Vedra con venda directa na que utilizan o método labrego tradicional de produción.
O 18 de decembro vindeiro preséntase un libro sobre a súa labor á fronte do sindicalismo agrario na Galiza.
Máis información:

Gloria fernández, pintora monfortina

[Entrada sobre Gloria Fernández na Enciclopedia Galega Universal].

Pintora (Monforte de Lemos, 1913 – Madrid, 1996). En Madrid asistiu a clases de pintura con Manuel Gutiérrez Navas. Cultivou a paisaxe, o retrato e a pintura floral, especialmente ó óleo, cun carácter imaxinativo. Empregou as tonalidades sombrías e, co paso do tempo, a pincelada empastada. Realizou exposicións en Monforte de Lemos, Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Madrid e participou, en mostras colectivas, como o XXXVII Salón de Otoño de Madrid (1966), na Primeira Bienal Rexional de Arte de Pontevedra (1970) e na Primeira Bienal Nacional de Arte de Pontevedra (1971). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio de pintura da XVI Exposición Provincial de Arte (Lugo, 1957), a mención especial ó conxunto da súa obra na XIX Exposición Provincial de Arte (Lugo, 1960) e a terceira medalla do Salón de Otoño de Madrid (1963).

[Na foto, co seu sobriño, o artista Roberto González Fernández (aquí).