as monxas de Ferreira, Fronilde de Lemos e a “virxe do bocio”


Mosteiro cisterciense feminino de Santa María de Ferreira.
Ferreira de Pantón.
Fundado no s. X, foi mosteiro dúplice ata o século XII, cando en 1175, tras un periodo de decadencia, a condesa Fronilde de Lemos restaura aquí a vida monástica, sendo dende entón mosteiro feminino, primeiro bieito e logo cisterciense, que en 1600 se integra na Congregación de Castela.
É o único mosteiro feminino do Císter con vida monástica en Galicia.
Conserva unha talla en madeira da Virxe e o Neno do s. XIII, que Manuel María chamaba a “virxe do bocio”, por presentar un abultamento no pescozo. 
* Máis información e fotos do Mosteiro de Ferreira.

as monxas de Pesqueiras


Igrexa de Santa María de Pesqueiras (s. XIII), antigo mosteiro de monxas bieitas.
Chantada.

Un documento de 1290 testemuña que Elvira Ares ou Eanes, priora de Pesqueiras naquel tempo, mercou por catro marabedíes o “directo, xantar e patronato” que sobre este cenobio tiña don Rodrigo Arras.
En 1515, o cenobio é anexionado a San Paio de Antealtares, coa oposición da súa priora, dona Inés Guitián, que foi privada do seu cargo.

* Máis información e imaxes da igrexa de Pesqueiras.

– http://www.concellodechantada.org/concello_historia13.htm
– http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/10/11/santa-maria-de-pesqueiras-outro-tesouro-da-ribeira-sacra/

inés de castro, raíña despois de morta

Sepulcro de Inés de Castro no mosteiro da Alcobaça.
Portugal (s. XIV).

Inés de Castro (c. 1320 – 1355), filla de Pedro Fernández de Castro, conde de Lemos, viaxa a Portugal en 1340 no séquito da súa curmá Constanza, esposa do infante Pedro de Portugal. Alí, Pedro e Inés manteñen durante anos unha relación, non consentida polo rei de Portugal, pola que Inés se exilia en Albuquerque en 1344. En 1346, tras a morte de Constanza, Inés regresa á corte portuguesa, onde continúa a súa relación, non consentida polo rei, con Pedro, con quen casa secretamente en 1353 ou 1354.
O 7 de xaneiro de 1355 é degolada en Coimbra.
En 1357, ao morrer o seu pai o rei Afonso IV e tras unha guerra civil, Pedro accede ao trono portugués e vinga a súa amada matando aos seus asasinos e proclamando o seu matrimonio con ela, o que obrigou ás Cortes a recoñecela como raíña despois de morta. Pedro construíu o sepulcro de Inés no mosteiro da Alcobaça enfrontado ao seu polos pés, e non en paralelo, como era costume, para que no día da resurrección, ao se ergueren, poidesen verse os amantes e reunirse para a vida eterna.
 * Artigo sobre Inés de Castro de Mónica Pazos Martínez aquí.

Constanza de Castro: a filla rebelde de Pardo de Cela

Foto: Turgalicia. Torre de Caldaloba na parroquia de Pino, Cospeito.

Biografía de Constanza de Castro, neta de Pedro Álvarez Osorio e Beatriz de Castro, condes de Lemos, e filla de Isabel de Castro, realizada por Marica Campo para o Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega. Acceder aquí.

Artigo de Manuel Gago sobre a resistencia de Constanza de Castro no castelo de Caldaloba ao asedio das tropas castelás de López de Haro (aquí).