Románico de Sober, folleto explicativo

centauros Lobios

Imos achegarnos á arte europea por excelencia: o Románico, estilo que no país galego ten a súa auxe no século XII, momento de peso político do Reino de Galicia no contexto europeo, prolongádose no século seguinte.

En Sober, o Románico maniféstase en forma de pequenas igrexas rurais; xoias que se manteñen, mal que ben, no seu uso orixinal e principal: lugar de culto cristián e de reunión da comunidade parroquial.

ventá Proendos

Intentemos, cando visitemos as igrexas, vislumbrar os motivos polos que foron feitas, poñérmonos no lugar das comunidades que invertiron os crecentes excedentes da actividade agraria na edificación de templos e cidades de Deus: estaban soamente destinados a manter o control da sociedade por parte das elites ou motivábaos un profundo sentimento relixioso? Acaso habería que combinar ambas explicacións? Eran os humanos da época conscientes de estar erguendo sólidas edificacións que os ían sobrevivir séculos?

Preguntas que ha de desvelar o exercicio da ciencia histórica e cuia resposta nos axuda a comprendérmonos mellor a nós mesmos. Temos algunhas claves, pero é moito o camiño por andar na procura da verdade histórica nun país coma Galicia. De momento, penetremos na peculiar atmósfera das igrexas románicas e gocemos da beleza que crearon os nosos antergos.

* Aquí podes descargar un folleto de 16 páxinas, con fotografías, sobre o Románico de Sober.

rosetón pinol

Presentación do estudo “La Escuela de Proendos”, de José María Lago.

O vindeiro sábado, 27 de abril, ás 12 da mañá: presentación do documentado libro “La escuela de Proendos”, de José María Lago. Será na igrexa de Proendos (Sober). 
Deixámosvos a reseña de cada capítulo do libro (que podedes adquirir por 15 €), nas palabras do autor: “En el primer capítulo analizaremos el origen de los foros y la estructura territorial sobra la que éstos se aplicaron. En el segundo… la evolución concreta que este régimen de foros tuvo en la parroquia de Proendos y las consecuencias de su aplicación, analizando los conflictos producidos entre campesinado e iglesia… El tercer capítulo analizará los orígenes de la riqueza patrimonial de algunas familias campesinas… Finalizaremos con los aspectos más significativos de la vida social de Proendos a lo largo de la Edad Moderna.”

Presentación do libro de Tradición Oral III na Biblioteca Pública Municipal de Sober.

Este mércores, 20 de febreiro de 2013, presentamos o libro Un pouquiño e Tradición Oral no Concello de Sober III na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Sober, dentro do Club de Lectura “Pintor de Castinande”.
Teremos música do Trícole que nos levará mostras das cantigas recollidas no libro.
Ás 19 horas na biblioteca.

FOLLETO: O ROMÁNICO DE SOBER (actualizado – 14-11-11)

Imos achegarnos á arte europea por excelencia: o Románico, estilo que no país galego ten a súa auxe no século XII, momento de peso político do Reino de Galicia no contexto europeo, prolongádose no século seguinte.
En Sober, o Románico maniféstase en forma de pequenas igrexas rurais; xoias que se manteñen, mal que ben, no seu uso orixinal e principal: lugar de culto cristián e de reunión da comunidade parroquial.
Intentemos, cando visitemos as igrexas, vislumbrar os motivos polos que foron feitas, poñérmonos no lugar das comunidades que invertiron os crecentes excedentes da actividade agraria na edificación de templos e cidades de Deus: estaban soamente destinados a manter o control da sociedade por parte das elites ou motivábaos un profundo sentimento relixioso? Acaso habería que combinar ambas explicacións? Eran os humanos da época conscientes de estar erguendo sólidas edificacións que os ían sobrevivir séculos?
Preguntas que ha de desvelar o exercicio da ciencia histórica e cuia resposta nos axuda a comprendérmonos mellor a nós mesmos. Temos algunhas claves, pero é moito o camiño por andar na procura da verdade histórica nun país coma Galicia. De momento, penetremos na peculiar atmósfera das igrexas románicas e gocemos da beleza que crearon os nosos antergos.

* Aquí pode descargar un folleto de 16 páxinas, con fotografías, sobre o Románico de Sober.