O ENCANTO DA PENA DO BOQUEIRO

Perto da Barca de Santo Estevo, cara o lugar do Boqueiro, había unha pedra cun burato que ía dar ó Cabe, que morre alí, a poucos metros, no Sil. Os que pasaban polo lugar á noitiña, din ter visto unha fermosísima rapaza de pelo dourado sentada no penedo, peiteándose cun peite de ouro, mentras se miraba arroubada nun espello do mesmo precioso metal, relocindo, naquela luz imprecisa, igual cós seus cabelos.

Din os do lugar que, cando se intentaban acercar á rapaza, esta se trocaba nunha serpe e desaparecía polo buraco.
Contaba o Casimiro da casa dos Piricos que para desfacer aquel encanto había que ler, a determinada hora, certos pasaxes da Biblia o revés; entón, poderíaste quedar cos tesouros que alí se gardaban; mais se o facías mal, viríase abaixo a montaña, como pasou non hai moitos anos en San Cosmede, cando por culpa dun feitizo o monte se veu enriba da carretera.
Teñen visto os da Barca unha néboa saíndo do buraco da pena; un bafo desfiañado depositándose polos arredores, como protexendo cun veo de misterio o lugar encantado.

– Recollida de:
Ramón e o seu fillo Jesús, oído ó pai do primeiro e ó Casimiro da casa dos Piricos da Barca de Santo Estevo — Anllo Santo Estevo — 15-IX-2006.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*