Un bifaz en Lobios e unha lasca en Proendos? Novos achádegos paleolíticos en Sober

bifaz-1
Este ano 2015, atopáronse en Sober dous novos achádegos que, moi probablemente, pertencen ao Paleolítico: un bifaz e unha lasca, útiles de cuarcita.
Ambos obxectos estarían datados no Paleolítico Inferior, pertencendo ao conxunto de industrias achelenses do Pleistoceno Medio, ou Modo 2, (620.000 – 300.000 anos antes do presente), elaboradas polas comunidades de Homo Heidelberguensis.
bifaz2
O bifaz apareceu en novembro no Monte de Lobios, atopado por Paula Vázquez Verao nun camiño.
2016-12-16-23-19-43
A lasca foi atopada en Froxán, Proendos, polo Manolo do Cápito de Sante.
lasca-2
Estas pezas, que temos O Colado do Vento, poñémolas a disposición das persoas investigadoras para que as poidan estudar, pero lamentamos non poder doalas a un museo inexistente que debería haber en Monforte. Dende o ano 2006, o val de Lemos é un lugar privilexiado para o estudo sistemático do Paleolítico galego, mais non se conta cun espazo en Monforte onde poder amosar os múltiples achádegos nin explicar a súa interpretación.
bifaz4
* A nova no xornal La Voz de Galicia, con palabras de Arturo de Lombera: aquí.

constanza vázquez de somoza

San Salvador de Lobios (Lobios, Sober) foi na época medieval un mosteiro feminino, posiblemente a rama feminina do mosteiro de Amandi (Sober).
En 1506, coma todos os mosteiros femininos galegos, foi anexionado a San Paio de Antealtares, mais a súa abadesa, Constanza Vázquez de Somoza, apelou ante Roma dita anexión, conseguindo volver administrar o mosteiro ata 1509 e gozar das súas rendas ata 1511, ano no que foi retirada a apelación. Aínda así, Constanza, morta en 1515, conseguiu unha pensión vitalicia e eludiu de por vida a obriga de residir en Compostela.
A historia de Constanza de Lobios é representativa do poder das abadesas medievais coma señoras territoriais.