Crónica fotográfica crítica da visita á “Gándara Grande”, Baamorto e Fiolleda (Monforte)

– A lagoa da Gándara Grande, nas Lamas, Monforte

lagoa gándara

A Gándara Grande (ou Gándara de Arriba) é unha zona de turbeira.
As turbeiras son zonas húmidas con plantas adaptadas á auga nas cales a gran cantidade de materia vexetal morta se vai acumulando en capas sen descompoñense (por baixas temperaturas, falta de osíxeno), formándose a turba.
Na actualidade, está sendo drenada artificialmente, o que impide ver a extensión orixinal da lagoa, e impide que se desenvolva a turba.
Queda unha zona lagoeira, lugar onde se documentan especies propias destes ecosistemas, coma o sapo de esporóns, un anfibio en perigo de extinción.

lagoa gándara 2

É un hábitat en perigo, pola drenaxe e por terse construído moi perto dela un centro para a investigación da construcción hoxe abandonado.
A pista pola que se accede é lugar onde existen puntos con vertedoiros incontrolados. Nesta zona, tense dado o caso de queima de desperdicios creando lumes que tardaban moito en apagarse, podendo deberse ao fenómeno dos incendios subterráneos.

vertedoiro na lagoa

O ecosistema da lagoa das Lamas é un medio que precisa especial protección, pois albergan especies naturais particulares e son hábitats moi sensibles ás mudanzas do entorno; son, ademais, espazos que permiten estudar a evolución do clima ao longo da historia.

A sociedade da comarca de Lemos deberíamos conservar este ecosistema único e loitar contra a degradación do seu entorno.

Máis información aquí.

– Igrexa de Baamorto.

pinturas baamorto

Quedan algúns elementos románicos na igrexa de Baamorto.

románico baamorto

A casa reitoral da parroquia de Baamorto ten escudos con cruces da orde de Malta, de cuia xurisdicción foi esta parroquia.

baamorto

As pinturas murais da igrexa parroquial de Baamorto son un dos bens culturais máis importantes da comarca de Lemos, que a sociedade debería coñecer e preservar.

pinturas baamorto 2

pinturas baamorto 3

– Parroquia de Fiolleda.

fiolleda

Arquitectura popular.

fiolleda 2

Fermosas vistas do val de Lemos.

vistas do val

Monte de San Roque, onde se leva o santo dende a igrexa para a celebración o 16 de agosto.

monte de san roque

Carballo de Figueira.

carballo figueira

Texto e fotos: Paula Vázquez Verao.

Consuelo Alonso González (“a Comunista”)

Consulta a exposición “Vermellas” aquí.
Consuelo Alonso González, coñecida como “a Comunista”, era unha vendedora de xornais, natural de Asturias, que traballaba en Monforte de Lemos. Casada e con catro fillos, foi detida e rapada en 1936, sendo liberada.
Posteriormente, en 1938, foi detida e xulgada en Lugo, acusada de rebelión militar, sendo executada aos 40 anos o 13 de maio de 1938 nas tapias do cuartel de Lugo.
Consuelo é unha das dúas mulleres condenadas a morte en consello de guerra en Galicia na etapa franquista. 
María Xesús Souto Blanco* sinalou, respecto a este caso, que a súa execución hai que enmarcala no contexto do curso que estaba a levar a Guerra Civil, coas recentes dificultades do exércido sublevado na batalla de Teruel, pois Consuelo facía propaganda denunciando as falsidades da información oficial do réxime.
* Conferencia de María Jesús Souto Blanco no I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. A información sobre este aspecto da condena pode ampliarse no artigo da mesma autora “Realidad objetiva, propaganda y pararrealidad oficial”, en Congreso Internacional de la Guerra Civil Española.

Igrexa de Santa María de Baamorto

* No ano 2005, a Asociación Amigos do Patrimonio de Lemos editou un folletiño para ilustrar a súa visita ás parroquias monfortinas de Baamorto e Valverde. As notas seguintes están sacadas da publicación cidatada; as fotos son de Paula Vázquez Verao.
A igrexa parroquial de Santa María de Baamorto (Monforte de Lemos) conserva algún resto románico – canzorros, contrafortes, saeteiras, porta sur con mochetas e arco interior – mais a fasquía actual débese á importante transformación que sufriu a finais do século XVI: cunha nova fachada principal (oeste) e un atrio cuberto columnado que abrangue a fachada principal e o lado sur.
No século XVIII engádese a sancristía, na cabeceira, e unha dependencia no lado sur.
A planta orixinal románica é dunha soa nave rectangular.

O lugar de Palleres, desta parroquia, podería ter dado lugar ao condado pallarense de época sueva. A parroquia foi da xurisdicción da orde de San Xoán de Xerusalén (encomenda do Incio).

PINTURA MURAL
Na parede sur da igrexa, protexidas polo pórtico engadido a finais do século XVI, conservouse un conxunto de pintura mural único.
O ciclo de pinturas de Baamorto versa en torno aos derradeiros momentos da vida de Cristo. Organízase en dúas bandas que se len cronoloxicamente comezando dende a parte superior esquerda e rematando na inferior dereita.
Nos paneis, algún moi perdido, recoñécense os seguintes temas:
– a Derradeira Cea
– prendemento no horto das oliveiras
– Pedro cortándolle a orella ao criado do Sumo Sacerdote
– Cristo na casa de Anás
– Cristo conducido ante Pilatos
– a Flaxelación
– a Coroación de espiñas
Xa que logo, atopámonos ante un ciclo da paixón segundo o evanxeo de San Xoán, que quizais se completase no interior cun ciclo do nacemento de Xesús (por exemplo, coma o de Proendos).

“A presenza de arquitecturas, detalles coma a decoración da cátedra de Anás, as perspectivas dos soldados, as vestimentas, así como a decoración de tipo vexetal e fitas que enmarcan as esceas, etc, datan este ciclo na segunda metade do s. XVI. Para (José Manuel) García Iglesias o autor deste importante conxunto sería o chamado mestre de Nogueira”.
VINCULACIÓN Á ORDE DE SAN XOÁN DE XERUSALÉN

A casa rectoral de Baamorto conserva tres escudos coa Cruz de Malta, propia da orde de Xerusalén.
Nas comarcas de Lemos e Quiroga, a orde de Malta ou de San Xoán de Xerusalén tivo importante presenza.
BIBLIOGRAFÍA
– “Pinturas murais de Baamorto e igrexa de Valverde” (2005). Texto: César Carnero. Amigos do Patrimonio de Lemos.

juana díaz ferrer, a masona monfortina

Juana Díaz Ferrer vive en Monforte a finais do século XIX e inicios do XX, sendo unha das primeiras mulleres en integrarse nunha loxia masónica, a Valle Hermoso 77, fundada en 1891, e logo na Unión 98, operativa entre 1892 e 1896.
“Juana Díaz Ferrer era filla dun masón célebre, Antonio Díaz Prado, que axudou a difundir a masonería por toda a comarca de Lemos. Fíxose masona á idade de 21 e anos; máis tarde ocuparía cargos de responsabilidade na Gran Logia Provincial de Lugo. E todo isto dous anos antes de que en 1893 se constituíse en Francia, teoricamente, a primeira loxia masónica mixta da historia co nome de Droit Humain (Dereito Humano).”
A masonería está ligada na cidade do Cabe á chegada do ferrocarril e a entrada de Juana Díaz Ferrer nunha loxia sitúase no debate no seo da masonería sobre a regulación da participación da muller nas loxias masónicas.
Fonte:  
* González Seoane, Marisa e Parga Massa, Beatriz; “A monfortina Juana Díaz Ferrer e as súas irmás; as fillas da viúva”. En Andaina (artigo dispoñible aquí).